sábado, 18 de septiembre de 2010

Querida terra galega...

Todo o mundo me pregunta de qué parte de España son. Dígolles que de Galicia, e eles repiten o nome cun acento bastante pésimo pero facendo o posible por non estropear esa palabra que tanto significa para min. Hoxe máis que nunca apetecíame escribir en galego porque neste tempo aínda non atopei ningún galego co que falar. E bótoo moito de menos. O outro día falando coa profe de castelán do High School, contándolle de onde era e esas cousas preguntoume se falaba galego. Díxome que era moi afortunada por ter dúas linguas... E ten toda a razón.

A dicir verdade, eu adoitaba valorar máis o castelán que o galego, sempre me sentín máis identificada co castelán. Supoño que iso foi cambiando pouco a pouco, ata conseguir que as dúas significaran o mesmo. Aínda que creo que esa igualdade se está a romper, xa que teño que confesar que agora mesmo non boto de menos España, senón Galicia; nin boto de menos o castelán, senón o galego.

martes, 14 de septiembre de 2010

September is different this year.



Este é o primeiro ano da miña vida que empezo as clases e non o fago no Dr. López Suárez. Despois de 13 anos alí, supoño que se merecía unha entrada neste blog aínda que a función deste sexa contar a experiencia americana. Sería algo egoísta pensar que o que estou vivindo aquí non ven marcado polo meu pasado.

O mellor dos coles é que che ensinan moito máis que mates e moito máis que lingua. Ensínanche a ser mellor persoa, a valorar as pequenas cousas, a pasar de ser un neno a ser un adolescente, a ir madurando, a disfrutar do momento. Aprendes de todo e de todos. Alí coñecín a persoas que marcaron a miña vida: a moitos dos meus mellores amigos e a moitos dos meus mellores profes, que se convertírian en persoas nas que confiar e das que tomar exemplo. Sei que aínda que me quedara en España este ano, o meu pupitre non estaría en ningunha aula dese C.P.I. pero esta distancia provoca que o bote aínda máis de menos. Pasei 13 anos da miña vida deseando medrar, cando estaba en primaria quería chegar a secundaria e cando por fin cheguei, quería acabar cuarto dunha vez e comezar o bacharelato. Parece incrible que este momento xa chegara e que agora só queden os recordos do meu paso polo centro, do lugar que me viu medrar.

Deixo o enlace do video que vimos na graduación, que recolle algúns dos moitos momentos que fixeron especiais todo este tempo no centro. Sempre que necesito sentirvos cerca, este video é unha boa forma de atraer os recordos.

http://www.youtube.com/watch?v=TPivlWMP18E